Castelao segundo Rañolas
Vida e obra de Castelao
Marilar Aleixandre

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2000
DescripciónEncad. en rústica con lapelas. 12 x 21,5 cm.
ISBN / ref 84-8288-363-1
Sinopse
Esta é unha biografía un pouco diferente das que estamos afeitos a ler. E é que a autora, cando estaba elaborando o texto, xuntando datos e redactando frases, tivo a idea de pedir ós personaxes creados polo propio Castelao que lle axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, a fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande autor, debuxante, político, pensador de Rianxo. Así foi como o Rañolas, Peito de Lobo, Pimpinela, o esquelete, Melchor e algún outro acudiron á chamada de Marilar. Pero —as cousas sempre teñen un pero—, estes personaxes ás veces non conseguiron poñerse de acordo, tendo cadaquén a súa propia idea de Castelao. Finalmente, despois de moito quentar a cabeza, a autora logrou que lle contasen unhas poucas lembranzas e acabar o libro. O resultado é o que tedes nas mans. Poderedes acompañar a vida dunha persoa da que nunca oirades falar así, a través dos seus personaxes. E por se fose pouco, quen ilustrou o texto é o propio Castelao. Seguro que despois desta lectura habedes querer saber máis del e decidiredes acudir ós libros que el mesmo escribiu: Cousas, Os dous de sempre…
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 8.08 €
4% I.V.E. 8.40 €
Club 7.98 €

Engadir ao carro