Guía das plantas de Galicia
Xosé Ramón García

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2013 (2ª ed.)
DescripciónRústica, 510 páxs., 17 x 24
ISBN / ref 978-84-9782-939-7
Sinopse
A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. O libro comeza cunha introdución xeral na que se trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades de internet e xeoloxía de Galicia. Inclúese normativa legal sobre protección dos hábitats naturais, o Catálogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotómicas que permiten a determinación ata o nivel de especie, para entrar nas fichas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos, nomes populares en galego e castelán, descrición –con especial atención ás características que teñen valor diferencial–, hábitats máis habituais e época de floración. A Guía das Plantas de Galicia contén, ademais, máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 46.54 €
4% I.V.E. 48.40 €
Club 45.98 €

Engadir ao carro