Querer crer entrever
(Expresións críticas de reflexión e lectura)
Carlos Paulo Martínez Pereiro

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2007
DescripciónRústica con lapelas, 220 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-127-4
Sinopse
Presididos polo querer crer entrever beckettiano, Edicións Laiovento publica neste volume un conxunto de exercicios críticos -dous en modo admirativo, vinte de ton ponderativo e catro de teor disertativo- que, como expresións positivas da lectura e de reflexión, o profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro redixiu en diferentes momentos desta última década intersecular.
Tendo sido enxendrados, ao pé da letra e/ou con todas as letras, como textos solitarios, deveñen solidarios entre si, ao se resituaren no continuum discursivo presidido pola elipse en que, aos poucos, tamén se foran xerando. Como telón de palabras redundantes, ademais de se constituíren á maneira dun persoal periplo no tempo, conforman o espazo da representación dunha particular xeografía literaria, cultural e ideolóxica.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro