O misterio de Carlos G. Reigosa
Conversas
Xosé Manuel del Caño

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2007
DescripciónRústica con lapelas, 324 páxs.; 15 x 21,5
ISBN / ref 978-84-9782-565-8
Sinopse
Autor de milleiros de artigos, relatos curtos e novelas, Carlos G. Reigosa é un dos escritores e xornalistas galegos contemporáneos que conta con maior interese e proxección entre os lectores. O presente volume, prologado por Ramón Villares e Alfonso S. Palomares e epilogado por Alfredo Bryce Echenique, recolle as longas horas de conversas que o escritor da Pastoriza mantivo con Xosé Manuel del Caño. Sen solemnidades nin reservas, sen críticas aos demais nin vontade de fixar ortodoxias, Carlos G. Reigosa reconstrúe con claridade a súa andaina humana e literaria, desvelando o lado da sombra dunha vida que se desenvolve a plena luz do día, a través dos milleiros de páxinas que leva publicadas. O título do libro alude a un “misterio” que se pretende descifrar, que se tal houbese está nos seus eidos de tras da Corda, na infancia e na familia, en lugares sempre revisitados, un espazo temporeiramente choído pola néboa e o esquecemento.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 18.85 €
4% I.V.E. 19.60 €
Club 18.62 €

Engadir ao carro