Paco Papán
Patacrúa
Ilustración: Evelyn Daviddi

Editorial Pontevedra. OQO editora, 2018
DescripciónCapa dura; 40 páxs.; 25 x 23
ISBN / ref 978-84-9871-691-0
Sinopse
Versión libre a partir do conto tradicional “O noivo parvo”, popularizado polo escritor xudeu Isaac Bashevis Singer nos contos da aldea de Chelm. Esta historia ten interesantes paralelos en tradicións distantes: “Lazy Jack”, en Inglaterra, “Pedro Malasartes” en Portugal, “Maung Htin Aung” en Birmania..., con coincidencias notables, obviamente non casuais.
O común a estas variantes é o feito de seguir as instrucións ao pé da letra en situacións diversas: a nai aprende o rapaz o que debe dicir ou facer en cada circunstancia e el obedece sen protestar e sen analizar por el mesmo a situación, o que deriva en actuacións incoherentes e absurdas.
“Paco Papán” recolle trazos destas variantes, respectando o fío e os motivos tradicionais da historia; e aporta un ritmo áxil e orixinal marcado polos sete días da semana como indicador do tempo e do ciclo que se completa a súa independencia.
Desde o punto de vista da imaxe, Evelyn Daviddi pon en escena unha historia moi actual, con personaxes expresivos e divertidos, trazo fresco, gran sentido na composición e espazos ben definidos que favorecen a comprensión e o gozo da obra para os máis pequenos.




Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro