A cousa que máis doe do mundo
Paco Liván
Ilustración: Roger Olmos

Editorial Pontevedra. OQO editora, 2013
Descripcióncapa dura; 36 páxs.; 25 x 23
ISBN / ref 978-84-9871-472-2
Sinopse

A lebre e a hiena conversan, nunha xornada de pesca, sobre asuntos cotiás. “A mentira é a cousa que máis doe do mundo”, dixo a lebre; e a hiena botouse a rir. Para levar adiante a difícil demostración, a lebre vai elaborar, na porta de palacio, un “pastel” moi especial que provocará a cólera do rei; despois vai contar coa complicidade das moscas, expertas en ca... case todo tipo de cheiros, que buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.

A hipótese que formula a lebre, o que máis doe do mundo é a mentira, vai ser demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.
Durante séculos, os contos foron, en moitos poboados de África, a primeira escola. Aínda que cada lugar posúe o seu estilo particular para abordar unha historia, os contos tradicionais africanos ademais de impregnados de contido simbólico, atesouran coñecementos e sabedoría ancestral; é común expoñer neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, revivir valores esquecidos, tratar de educar, guiar os individuos e, como neste caso, transmitir ensinanzas. A hiena, que encarna neste conto o carácter hipócrita e ruín dalgúns seres humanos, experimentará na súa pel o amargo sabor da mentira.
As ilustracións de Roger Olmos presentan personaxes expresivos, hiperbólicos, cargados de humor. Con trazo preciso e agudo, aporta a súa visión persoal dunha historia que, a través dun divertido exercicio de escritura, nos achega á palabra, ao pensamento e á herdanza cultural de Costa de Marfil.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.98 €
4% I.V.E. 13.50 €
Club 12.82 €

Engadir ao carro