Las sacas
(Memorias)
Patricio Escobar
(en español)

Editorial Sada. Ediciós do Castro, 2005
DescripciónRústica con lapelas, 336 páxs.; 15 x 21,5
ISBN / ref 84-8485-184-2
Sinopse
O quince de xuño, a bordo do Magallanes, cruzamos o porto de Portugalete abandoando a costa vasca. Debruzado na varanda sobre a cuberta, lembrei os incidentes e fisionomías da última semana, a cara do home encargado do consulado de Cuba en Bilbo (a quen, tras un extenso discurso, puxera cincocentas pesetas nas súas mans para conseguir a visa en tránsito para La Habana), a da miña nai cando choraba á saída do tren na estación de Bilbo a Portugalete e a de amigos queridos que deixaba atrás quizais para non volvelos ver. Pero, ao fin e ao cabo, pensei: ¿que podo eu facer en España? Por calquera lado que se mirase só se vían hipocrisía, vaidade e humillacións, a xustiza oca e artificiosa aplicando penas de morte ou sentencias de trinta anos de cárcere. Algúns sacerdotes, postrándose ante o novo ídolo coas súas sotanas tinxidas de sangue, asasinatos por omisión, os militares bébedos de fachenda cunha victoria que non era a súa. A clase media partida en dous sectores, os que prestaran colaboración á República afundidos na miseria e no espanto, despois de pagaren o seu tributo ao camposanto ou aos cárceres, e a outra metade no bando oposto, non ceibes de pagar o mesmo tributo, recreándose nas fazañas dos seus mortos e cotizándoas para a caza de postos lucrativos. Os obreiros, cos seus dereitos de asociación perdidos de non ser nos sindicatos da Falange, sen prensa propia nin liberdade, quedaran convertidos en escravos que trataban de sobrevivir con miseros salarios. Non quedaban verdadeira relixión nin ciencia. Máis do cincuenta por cento do profesorado, dende o ensino primario ata a universidade, estaban fusilados ou no desterro.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro