Xaime e as landras
Tim Bowley

Editorial Pontevedra. Kalandraka Editora, 2005
Descripcióncapa dura; 48 páxs.; 23 x 2,5
ISBN / ref 84-8464-532-0
Sinopse

Xaime plantou unha landra, pero...

antes de que puidese medrar un esquío desenterrouna e agachouna.

Xaime plantou unha landra, Xermolou e agromou da terra, pero...

Así comeza unha sucesión de esceas, narradas de xeito áxil, breve e repetitivo. Unha técnica moi recorrente nos contos destinados a primeiros lectores e de grande utilidade para a súa narración oral, coa que se pretende implicar ao público infantil. O mantemento dunha estructura narrativa convértese nunha regra mnemotécnica esencial para que os nenos saiban como continúa o conto. Porque Xaime non se dá por vencido cando a súa primeira landra non medre: planta outra pero os animais písana, rabichan os gromos da que empezaba a nacer; os cativos estragan a planta que xermolara doutra semente, os madeireiros talan a árbore que chegara a facerse alta e forte... ata que a enésima landra que plantou Xaime convértese co paso do tempo nun carballo robusto que dá como froito...máis landras. Historia circular, cíclica, que cando remata pode volver a empezar. Como cada carballo que bota raíces tras superar os incalculables avatares que Ile poden xurdir -dende que tan só é unha simple landra- tras o conto de Tim Bowley xacen leccións coma a perseverancia. De feito, para acadar os obxectivos que cada persona persegue, téñense que superar moitos obstáculos e non desanimarse ata acadar a meta fixada. Trátase dunha narración sinxela e tenra, que trata sobre a vida mesma e mailas súas circunstancias... As ilustracións de Inés Vilpi, resultan un complemento ideal, aportando colorido, calidez e sensibilidade.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro