Manda Narices!
Paco Liván
Iván Prieto

Editorial Pontevedra. OQO editora, 2005
Descripcióncapa dura; 48 páxs.; 26 x 24
ISBN / ref 84-934516-1-4
Sinopse
Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexer aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer un príncipe famoso pola súa beleza. Ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso que, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apoderarse do legado das tres. Mais, fronte a adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipe un bo escarmento.
"Manda Narices!" narra as divertidas peripecias das irmás que, grazas aos obxectos máxicos que lle deixara seu pai, buscan darlle ao príncipe trampulleiro o seu merecido. O personaxe da máis cativa, malia a súa inocencia inicial, preséntase cun espírito inconformista e perspicaz, apoiado pola solidariedade das irmás. O devir dos acontecementos envolve a acción en escenas suxestivas e teatrais onde o príncipe acabará por ser vítima da astucia da rapaza. Pero esta historia tamén fala da bondade, da soidade e da realidade poética dos soños. Dunha maneira sinxela e cordial, ofrécenos suxestións desde a mirada limpa dos nenos, que tantas veces é manipulada polos adultos sen diálogo nin respostas. Esta variante, recollida en Quebec e de remota orixe europea, combínase con outras versións alemás, para conseguir un ritmo sintético e eficaz, acentuando o suspense nos momentos culminantes da obra.
A proposta de ilustración parte de figuras tridimensionais, que traduce a bidimensionais a través da colaxe. Iván Prieto ofrece a súa propia interpretación do texto, unha segunda lectura que enriquece o álbum cun universo de matices. Con "Manda Narices!", o artista ourensán fai a súa entrada no mundo da ilustración, despois de máis de oito anos de creación plástica no eido da pintura e a escultura.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro