Cousas
Alfonso R. Castelao

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2005
DescripciónRústica con lapelas; 126 páxs.; 13,5 x 20 cm.
ISBN / ref 978-84-8288-781-4
Sinopse
Un clásico da narrativa galega. A obra máis orixinal dun escritor que creou un xénero: o que hoxe constitúen estas cuarenta e catro estampas, nas que un non sabe se admirar máis a maestría do narrador ou a fondura lírica do poeta. Este libro de Alfonso R. Castelao publicouse por primeira vez no ano 1926, cando o seu autor tiña cuarenta anos e xa dera a coñecer Un ollo de vidro, o relato humorístico que o tiña revelado como un narrador fino e áxil, tanto como o debuxante que xa era. Posteriormente, en 1934 publicaría os contos de Retrincos e a novela Os dous de sempre, que o acabarían consagrando como un dos prosistas máis brillantes de toda a historia da literatura galega. Cousas ten sido unanimemente considerada como a creación máis orixinal de Castelao. Son coarenta e catro cadros breves, todos eles acompañados por un debuxo do propio autor, que xiran sempre arredor do mundo dos labregos e os mariñeiros do noso pais. Trátase dun xénero situado a medio camino entre a épica e a lírica, aínda que claramente inclinado cara a fondura da introspección poética. Nas Cousas está, xa que logo, o Castelao máis xenuino e universal, aquel que hoxe ten a consideración dun clásico da literatura galega polo exemplar equilibrio que logrou gracias á sabia combinación de elementos dispares, uns de tipo formal e outros puramente significativos, saídos todos do cerne mesmo da alma galega. Unha alma da que el foi, ao mesmo tempo, intérprete e executor.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.26 €
4% I.V.E. 12.75 €
Club 12.11 €

Engadir ao carro