Seis poemas galegos
Edición facsimilar
Federico García Lorca

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2018
DescripciónRústica con sobrecuberta; 60 páxs.; 17 x 21
ISBN / ref 978-84-16460-53-3
Sinopse
Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.

Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935, oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.

Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.

AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA

A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego... poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro