A tumba de Breogán
Abel Alves, Esteban Tolj

Editorial A Coruña. Demo Editorial, 2018
DescripciónCapa dura, 108 páxs.; 17,5 x 24,5
ISBN / ref 978-84-947396-7-5
Sinopse
Unha novela gráfica de aventuras ambientada na Coruña do XIX pola que pasan personaxes históricos como Emilia Pardo Bazán, Manuel Murguía, Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal. Esta é a proposta do guionista Abel Alves e do debuxante Esteban Tolj en A tumba de Bregoán, unha obra que presentaban o pasado 27 de novembro e que ve a luz da man de Demo Editorial coa colaboración do Concello da Coruña. Segundo anunciou o editor Manel Cráneo na presentación da obra, ao longo do ano desenvolveranse na cidade unha serie de iniciativas divulgativas sobre o patrimonio e a historia da cidade a partir da obra "na que se recoñece o ambiente literario da Coruña e Galicia de finais do século XIX". A historia da BD comeza en 1870 cando nunha reforma na Torre de Hércules aparece un segredo vinculado ao líder castrexo Breogán.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro