O xiro
V Premio de Poesía Gonzalo López Abente
Noelia Gómez

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2018
DescripciónRústica, 70 páxs., 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-457-1
Sinopse
Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.O xiro é o primeiro poemario dunha au­tora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra.
ANTÍA OTERO
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.02 €
4% I.V.E. 12.50 €
Club 11.88 €

Engadir ao carro