As voces da auga
VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018)
Ánxela Gracián

Editorial A Coruña. Baía Edicións, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 180 páxs., 13 x 19
ISBN / ref 978-84-9995-300-7
Sinopse
As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos.

Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.98 €
4% I.V.E. 13.50 €
Club 12.82 €

Engadir ao carro