A Idade do Ferro. Unha tradición entre Galicia e Asturias
José M. Salgado

Editorial Betanzos. Editorial Canela, 2018
DescripciónRústica con lapelas; 264 páxs.; 23 x 22,5
ISBN / ref 978-84-09-03835-0
Sinopse
Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias.

Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.

Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.

O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies)
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 33.65 €
4% I.V.E. 35.00 €
Club 33.25 €

Engadir ao carro