Polos camiños do tempo
Gustavo Docampo

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Positivas, 2018
DescripciónRústica, 70 páxs., 13,5 x 20,5
ISBN / ref 978-84-948266-8-9
Sinopse
Polos camiños do tempo de Gustavo Docampo é unha peza de teatro para ser interpretada pola rúa. Dálle voz a personaxes históricos do Barco e de Viloira e conta algunhas das historias das que foron protagonistas. A edición do libro, que sairá de imprenta o 5 de outubro, conta coa colaboración do Concello do Barco e da Xunta de Galicia.

A través de sete escenas e co río como fío condutor, coma se dun personaxe máis se tratase, o autor propón unha viaxe por episodios reais ou imaxinados da historia local. Pola obra pasan as lendas e a alma popular apegada ás tradicións, as diferenzas sociais e as disputas políticas, o caciquismo, a corrupción, o agromar do capitalismo e a empresa moderna, o espírito científico, o pensamento libre, a música popular ou a literatura. Todo iso e moito máis nas voces de homes e mulleres que pasaron á historia por unha ou outra razón, circunstancia que o lector poderá axuizar se sente curiosidade e quere facelo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 4.81 €
4% I.V.E. 5.00 €
Club 4.75 €

Engadir ao carro