Diván (Antoloxía)
Yunus Emre
Tradución: Suleyman Matos Bugallo

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 204 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-17388-09-6
Sinopse
Yunus Emre foi un poeta turco que viviu en Anatolia entre os séculos XIII e XIV. Os seus poemas, inicialmente redactados para seren cantados, están considerados como unha das primeiras mostras de literatura en lingua turca en Anatolia. A súa proximidade ao turco falado polas clases populares e o seu carácter espiritual, ligado ao sufismo islámico tan arraigado na heterodoxia das xentes de Anatolia, fixo estes poemas enormemente populares xa na súa época. Mesmo hoxe en día son considerados como un trazo de identidade de pobo turco e estudados amplamente por moitos eruditos. É mostra da importancia que se lle outorga neste país o feito de que o goberno turco fundara en 2007 o Yunus Emre Enstitüsü para promocionar a lingua e a cultura turca de maneira semellante ao labor realizada polo Instituto Cervantes e o Goethe Institut.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro