Memorias dun loitador antifranquista
David Álvarez Carballido
Antón Santamarina

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 396 páxs.; 13 x 23
ISBN / ref 978-84-16460-44-1
Sinopse
En 1998 e con 65 anos, David Álvarez Carballido (A Fonsagrada-Lugo, 1922-2017), concedeu unha longa entrevista ao filólogo e paisano seu Antón Santamarina. Foi durante varios días de agosto, na aldea común de ambos de San Martín de Suarna.

Dúas décadas despois, este documento único ve por fin a luz, as Memorias dun loitador antifranquista. O testemuño do comunista David Álvarez Carballido, publicado por Alvarellos Editora na súa colección Oeste.

Foi preciso un fondo traballo de edición para organizar o valioso material custodiado por Santamarina. A psicóloga e escritora Anahí Almasia (sobriña de David) e a doutora e especialista en memoria histórica Mariela Sánchez puxéronse a traballar arreo dende a súa cidade de Bos Aires. Había que converter aquelas horas de conversa nun volume revelador. David posuía una fina e poderosa memoria e o resultado queda á vista nestas páxinas.

É o testemuño valoroso e honesto dun incansable loitador antifranquista. Dun comunista que fuxiu dende Galicia a Bos Aires en 1948 para non regresar ao país ata 1962, e ser detido e torturado en Vigo pouco despois, cando denunciaba o fusilamento de Julián Grimau. Fiel ata o final dos seus días, aínda en 2014, con 92 anos, acudía ao consulado Arxentino a interpor a súa denuncia na Querela daquel país contra os crimes do franquismo.

“Poucos libros memorialísticos, de militantes antifranquistas, teñen a naturalidade, a frescura e o xeito destas memorias”.
Xesús Alonso Montero, autor do Prólogo.

“O que digo aquí é soamente para que non quede esquecido. Todo o que sabemos daquel terror que invadiu España, que se coñeza”.
David Álvarez Carballido
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 21.63 €
4% I.V.E. 22.50 €
Club 21.37 €

Engadir ao carro