Grial 217
Varios autores

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónRústica, 148 páxs., 18,5 x 27
ISBN / ref 977001741806800217
Sinopse
Ciencia e tecnoloxía. Para unha nova comrpensión do mundo

Hai tempo que a ciencia, a tecnoloxía, o coñecemento científico na súa significación máis universal forman parte da axenda de GRIAL. A nosa concepción da cultura non é unha concepción cerrada, senón aberta a todas aquelas achegas que no presente e na historia contribuen (e contribuiron) a comprender mellor a realidade e a transformala, porque o coñecemento é, fundamentalmente, unha ferramenta de transformación. Os seres humanos, ao longo da historia, veñen elaborando un discurso, un sistema de coñecementos para a comprensión do mundo (teórics e aplicados) que explican o desenvolvemento das civilizacións e a cultura.

Neste camiño está a filosofía (que nas súas orixes estivo moi vencellada á ciencia), as artes, as construcións míticas e relixiosas (que tamén intentan explicar a realidade) a literatura e, naturalmente, a ciencia. Os grandes momentos de transformación occidental: os clásicos grecolatinos, o Humanismo, o Século das Luces, son fitos que debemos comprender tamén dende os avances científicos e tecnolóxicos. Dende a revolucón industrial para acó ese movemento non fixo máis ca acalerarse e nas derradeiras décadas do século XX o salto cualitativo e cuantitativo foi espectacular.

Sen renunciar á súa vocación divulgadora, mais respondendo ás características dunha revista de cultura que dende a identidade de noso (Galicia) procura os grandes temas do tempo que vivimos, este número de GRIAL encomendou ao profesor Jorge Mira, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, licenciado e doutor en Física, de probada capacidade para a divulgación científica, a explicación dalgúns dos grandes avances científicos que condicionan a nosa civilización actual: a teoría da relatividade, por exemplo, a medida do espazo e do tempo, a física cuántica, o impresionante universo do xenoma e da bioxenética, incluída unha análise de cómo estas novas descubertas condicionan a creación artística (Carme Ruíz González, refirida a Salvador Dalí)…

Non son os únicos avances ou descubrimentos científicos que explican a revolución do século XX e as primeiras décadas do século XXI, mais sen dúbida no corazón destes grandes temas están os alicerces dunha nova maneira de entender a realidade, de comprender o mundo, tal como enunciamos na cuberta deste número 217.

Agradecemos aos colaboradores, profesores Javier Mas Solé, Cibrán Santamarina Ríos, Jaime Gomez Márquez, ademais de a Jorge Mira, o esforzo por achegar a un público non especializado a esencia ou, cando menos, unha aproximación a estas áreas de coñecemento que tan profundamente condicionan a nosa vida e mesmo o noso futuro.

A maiores, o número 217 de GRIAL incorpora estudos e ensaios de temas diversos, relacionados coa literatura, a historia, o cine (conversa de Grial Parga con Oliver Laxe), e mesmo asuntos tan significativos e de actualidade como a cuestión catalana (Albert Branchadell) e unha lectura da Reforma luterana cincocentos anos despois (Xosé Luis Barreiro Rivas).
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro