Caderno de campo das illas Cíes
Catro rutas ilustradas polas illas Cíes
José Arcas

Editorial Vigo. Catro Ventos Editora, 2018
DescripciónCapa dura; 122 páxs.; 24 x 17,5
ISBN / ref 978 84 945917 6 1
Sinopse
«No salvaxe radica a preservación do mundo» escribiu Thoreau a propósito do camiñar pola natureza, e precisamente isto é o que che propón este caderno: catro rutas polas illas Cíes guiadas polas acuarelas dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas…
Este libro é un caderno de campo, é dicir, unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista; https://www.facebook.com/josearcasart) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes.

As illas forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e reciben moitas visitas durante a tempada en que está aberto ao público. Queremos que esta obra sirva para que as persoas que o visiten valoren e respecten o noso patrimonio natural. Pon en valor o carácter único da flora e fauna das illas e das súas paisaxes a fin de promover o respecto á contorna desta paraxe e desfrutala desde unha perspectiva artística.

Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 18.75 €
4% I.V.E. 19.50 €
Club 18.53 €

Engadir ao carro