Novela de xadrez
Stefan Zweig
Tradución: Patricia Buxán, Saleta Fernández

Editorial Irmás Cartoné, 2018
DescripciónRústica; 82 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-945411-9-3
Sinopse

Ao decatarse de que entre eles se atopa o campión mundial de xadrez, un grupo de pasaxeiros dun transatlántico decide retar o célebre xogador. A derrota parece inevitable, até que un misterioso personaxe intervén. Quen é este individuo que afirma levar vinte anos sen ver un taboleiro de xadrez pero é capaz de enfrontarse ao extraordinario Czentovic?


A orixe dos coñecementos xadrecísticos do protagonista constitúe a cerna desta breve e intensa novela de Stefan Zweig (1881-1942), o derradeiro escrito que o autor austríaco deu ao prelo días antes de suicidarse.


Considerada por moitos a súa obra mestra, a Novela de xadrez é a única das súas novelas na que Zweig fala abertamente do nazismo que o levou ao exilio.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 10.10 €
4% I.V.E. 10.50 €
Club 9.98 €

Engadir ao carro