Galicia no labirinto da nova política
De Nunca Máis ás Mareas
Xoán Hermida González

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónRústica con lapela; 322 páxs.; 14 x 21 cm.
ISBN / ref 978-84-9151-185-4
Sinopse


Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro, Xoán Hermida González analiza as organizacións que se orixinaron nas correntes altermundistas, colleron forza nos movementos Nunca Máis e 15M e materializáronse nas Mareas, que hoxe detentan o poder municipal en non poucos concellos de Galicia e xa son unha forza determinante no espazo sempre en movemento da esquerda en Galicia. Unha análise profunda sobre unhas plataformas que naceron para mudar o panorama político de xeito irreversible.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 22.12 €
4% I.V.E. 23.00 €
Club 21.85 €

Engadir ao carro