O corazón aberto
Cantigas e Agarimos

Editorial Inquezanzas Sonoras, 2018
DescripciónCD
ISBN / ref 8437011828088
Sinopse

Ese home que, como quen non quere a cousa, repousa nun lugar discreto das terras de Frades, foi un dos fundadores e principal líder das Irmandades da Fala. No dicir dos estudosos da súa figura, posiblemente o seu ideólogo con máis futuro. Futuro que só a súa prematura morte –ironicamente á causa da chamada gripe española– truncou. Da súa valía dannos idea as palabras que, ao saber da súa morte, escribe Castelao n’A Nosa Terra e os versos que en Da terra asoballadalle dedicou Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades, no poema titulado “¡En pé!”, que se convertiría no himno das Irmandades da Fala e do que nós collemos prestado un verso para darlle nome a este CD.

Da súa man viría tamén a posta en marcha, en 1917, do antecedente directo de Cantigas e Agarimos: o coro compostelán Queixumes dos Pinos. Coro que tiña como presidente a Salvador Cabeza de León, como director a Bernardo del Río e como vicepresidente ao propio Porteiro Garea, e que debido a pandemia da gripe non puido facer a súa presentación ao público.

Mais, transcorridos dous anos daquel malfadado vento da gripe española, os superviventes de Queixumes, xunto cun grupo de amigos de Bernardo del Río, farían realidade o soño truncado de Porteiro Garea Cantigas e Agarimos, que faría a súa presentación ao público de Compostela no mes de xullo de 1921. Hoxe, cen anos despois do seu pasamento, aquí estamos: en pé, sereos e o corazón aberto… En pé… e aceso o facho que en herdo recibimos de Porteiro no firme compromiso coa defensa da nosa lingua, da nosa música e do noso patrimonio histórico e cultural; pois –como dicía Neira Vilas– Galiza espera iso de nós e nós –coma Porteiro Garea– cremos en Galiza. E hoxe, cen anos após aquel teu soño truncado, dicímosche alto e forte: Irmán, por ti e por sempre, aquí estaremos…

TEMAS

01 –  Foliada de San Xoán

02 –  Airiños, airiños aires

03 – Cantiga de Palas de Rei

04 –  Pandeiretada de Muxía

05 – O Pote

06 – Monte Viso

07 – Xota e Muiñeira de Caroi

08 – Foliada d’A morte do gaiteiro

09 – A cinta de namorare

10 – Pandeiretada de Rendal

11 – Polca de Castrillón

12 – Carmeliña

13 – Pandeiro de Ribadavia

14 – Foliada de Noia

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 13.97 €
21% I.V.E. 16.90 €
Club 16.06 €

Engadir ao carro