Fálame do silencio
Pablo Orosa

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 316 páxs., 14.5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-391-8
Sinopse
Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma. No Durban, unha taberna de mariñeiros rexentada por un vasco con pendentes na orella e ollada salitrosa, ninguén resultará ileso. «Atochas. 1936.» Dúas palabras que levarán os protagonistas a facerse a mesma pregunta: Quen somos en realidade? Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas, neses ollos azuis que lle devolven unha e outra vez a mesma pregunta: Quen é en realidade Daniel Gluckmann? Novela de intriga e de memoria, "Fálame do silencio" é unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.83 €
4% I.V.E. 17.50 €
Club 16.63 €

Engadir ao carro