O tesouro de Lucio
Vida de Lucio Urtubia
Mikel Santos 'Belatz'

Editorial A Coruña. Demo Editorial, 2018
DescripciónCapa dura, 144 páxs.; 17, x 25
ISBN / ref 978-84-947396-3-7
Sinopse
Máis que un teórico, Lucio Urtubia é, ante todo, un home de acción. A súa vida foi unha loita constante e, en contra do que pensan moitas persoas, ese é o seu legado, o tesouro de Lucio. Baseándose en interminables charlas e entrevistas co anarquista navarro, Belatz recrea con nitidez e minuciosidade as accións, lugares, personaxes, sucesos e atmosferas que marcaron a vida de Lucio. Convertido xa no seu biógrafo oficial, o ilustrador pamplonés nárranos as súas vivencias máis coñecidas e as aventuras máis descoñecidas: a súa infancia en Cascante, as primeiras expropiacións de bancos, a forma de zafarse da policía, cuestións familiares e persoais, a coñecida negociación co Citibank, as formas de pasar a fronteira... Todo, ou case todo, queda reflectido nestas páxinas cheas de acción e que nos achegan a este anarquista irredutible que afirma que «un revolucionario que non fai nada é coma un cura».
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 21.15 €
4% I.V.E. 22.00 €
Club 20.90 €

Engadir ao carro