Caderno de lúas
María Canosa

Editorial Ferrol. Edicións Embora, 2018
DescripciónCapa dura, 38 páxs.; 17 x 23.5
ISBN / ref 978-84-945494-3-4
Sinopse
Caderno de lúas, requintadamente editado por Bululú, articúlase, por unha banda, como unha sorte de diario a través do cal unha nena vai relatando a intención de rescatar un caderno en branco que resultará operativo para debuxar e escribir nel case como unha terapia natural diante do seu reiterado insomnio. Naturalmente, outro foco de atención é o propio caderno, no que deita os seus debuxos e reflexións arredor da lúa que se vai entretecendo co devandito diario onde tamén expón as vivencias cotiás que suxiren as súas preocupacións e o seu mundo, onde ocupa un papel especial a figura do seu avó, deseñado con especial agarimo e solvencia. Dun ou doutro xeito, María Canosa funde neste proxecto asuntos que van singularizando a súa obra literaria como son tanto a especial sensibilidade e transparencia para espellar as relacións entre as nenas e as persoas maiores como a vontade explícita, e nada oculta, de ofrecer pequenas pílulas -sempre equilibradas e nas súas doses xustas- arredor do mundo científico, alén dos sempre necesarios golpes imaxinativos que enchoupan as súas achegas. Non esquece a autora que tamén un álbum ilustrado, esencialmente narrativo, pode acoller acaidamente a poesía, como ben se pode advertir na súa conclusión.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2018/05/24/caderno-de-luas-de-maria-canosa-e-dani-padron/

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro