Memorias dunha vaca marela
Afonso Eiré

Editorial A Coruña. Hércules Ediciones, 2018
DescripciónRústica, 240 páxs.; 16,5 x 24
ISBN / ref 978-84-948619-1-8
Sinopse
“Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota…”.

Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida.

Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial.

Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas.

“Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza”.

E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido.

Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas.

Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe… Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!.

A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa.

Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados.

Deixouno escrito Castelao: “O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 17.21 €
4% I.V.E. 17.90 €
Club 17.00 €

Engadir ao carro