Unha educación de premio
Selina Otero

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 128 páxs., 17 x 24
ISBN / ref 978-84-9151-165-6
Sinopse

O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro

Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alumnos que dirixen e producen as súas propias curtametraxes ou que simulan a creación de empresas con pezas que elaboran en impresoras 3D. Sorprende a habilidade dos máis pequenos para crear mundo vituais e tamén para expresar as súas emociòns: “Síntome mal cando me dis iso”, escóitase en Infantil. Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave.

Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adaptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas. Como indican os protagonistas desta ruta da innovación: “Compartindo, melloramos todos”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro