Un home estraño
VI Premio de Novela Curta ''Cidade Centenaria de Riveira''
Antonio Tizón

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2018
DescripciónRústica con lapelas; 204 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-336-9
Sinopse
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. “Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro −aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta−, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro