Dos días do porvir
H. G. Wells
Tradución: Alejandro Tobar

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Hugin e Munin, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 136 páxs., 13,5 x 20
ISBN / ref 978-84-946538-6-5
Sinopse

Dos días do porvir publicouse por fascículos nas páxinas da revista literaria The Pall Mall Magazine, e deseguido como parte da compilación de relatos e novelas de temática futurista e fantástica Tales of Space and Time (1899). Elizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e o progreso tecnolóxico, avogan por unha volta ao rural e anhelan os usos e costumes do pasado. Non obstante, o que seduce a parella de mozos non é tanto a filosofía medievalista coma a época vitoriana. Aos seus ollos, o estilo de vida británico do XIX é o contrapunto ao Londres distópico do século XXII no que viven. Con esa premisa, o prolífico Wells constrúe unha intelixente obra de anticipación, na que resulta recoñecible a división en estratos dunha sociedade alicerzada sobre criterios mercantilistas, coa omnipresente mercadotecnia e os rendementos do capital como valores supremos.

Loable polo seu refinado estilo e traballada estrutura, a novela estimula o espírito crítico en temas como a masificación, a reorganización dos transportes urbanos ou a fenda de clase cada vez máis acusada, algo que se reflicte en todos os ámbitos: cultural, lingüístico, lúdico, gastronómico...
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.94 €
4% I.V.E. 14.50 €
Club 13.77 €

Engadir ao carro