É a Lúa que baila…
María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca
María Victoria Moreno

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónCapa dura, 100 páxs.; 17,5 x 24,5
ISBN / ref 978-84-9151-159-5
Sinopse

Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.

Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 18.75 €
4% I.V.E. 19.50 €
Club 18.53 €

Engadir ao carro