Xaque a Jakobusland
(xogo de xadrez)
Pablo Culebras

Editorial Auto-edición; 2018
DescripciónTaboleiro
ISBN / ref 978-84-697-9230-
Sinopse
No xogo de xadrez, as pezas brancas correspóndense cos galegos e as negras cos normandos. Cada trebello do xogo está representado por un personaxe histórico, agás no caso das torres brancas, nas que se representan as “Torres de Oeste”; as torres negras, substituídas por barcos viquingos; e as dúas parellas reais, representadas por figuras sacadas do imaxinario mítico ou relixioso para simbolizar as forzas e crenzas que impulsaban a cada un destes pobos. Así, a dama branca é a raíña Lupa, a dama negra a valquiria Brunilda, o rei branco é o apóstolo Santiago e o rei negro o deus Odín. As pezas están impresas sobre cartón compacto, imitando moedas medievais, coas inscripcións en latín.
O taboleiro está feito dun material sintético que imita un pergameo, flexible e impermeable, que pode enrolarse sobre si mesmo e atarse cunha cinta para gardalo. No anverso figura o taboleiro propiamente dito sobre o que aparece o perfil do mapa de Galicia. Ás marxes do mesmo inclúese unha descrición de cada personaxe representado nas pezas. O reverso está ocupado por unha infografía sobre as incursións viquingas e as embarcacións que empregaban.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 16.53 €
21% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro