Xaque a Jakobusland
Pablo Culebras

Editorial Auto-edición; 2018
DescripciónRústica, 330 páxs., 21 x 15
ISBN / ref 978-84-697-9230-8
Sinopse
O libro, de 330 páxinas a toda cor en formato A5, xurdiu coa finalidade de xustificar e explicar o deseño do xogo e de cada peza. O resultado é un traballo con moitos e interesantes contidos de historia medieval, historia da arte, historia do xadrez, xeografía, artes plásticas, onomástica, numismática e deseño gráfico, produto dunha ampla investigación documental.
Un dos elementos destacados no texto é que á Galicia medieval chegou pronto o xadrez. Consérvanse hoxe pezas de dous dos xogos máis antigos de Europa: o xadrez de san Xenadio de Penalba, no Bierzo, do século IX e o de san Rosendo de Celanova do século X. Por desgraza, estes tesouros son moito menos coñecidos que as figuras de xadrez de Lewis, conservadas no Museo Británico, ou que a peza recentemente descuberta en Tønsberg polo Instituto Noruegués para a Investigación do Patrimonio Cultural, datada no século XIII e fabricada, segundo as investigacións, precisamente na península Ibérica, que a través do reino cristián do noroeste foi unha das vías de difusión do xadrez en Europa occidental.
Tamén se resalta nesta obra a importancia da impoñente fortaleza que coas súas grosas murallas pechaba as dúas hectáreas da antiga illa de Oeste, de cuxas sete torres orixinais a meirande parte da xente só coñece dúas. Estes exemplos mostran claramente a diferencia entre a realidade obxectiva do noso patrimonio e a realidade aprendida que en boa parte o ignora ou infravalora.
O libro incorpora fermosas fotografías de pinturas, paisaxes, esculturas, tallas, moedas... acompañadas de gran cantidade de ilustracións que mostran o desenvolvemento dos trazos gráficos dende os primeiros bocexos dunha figura ata a seu deseño definitivo. O fío condutor do traballo é a crónica do desenvolvemento dun proxecto enteiramente auto-producido, as decisións creativas afrontadas para axustar o traballo ás limitacións orzamentarias e a elección dos personaxes representados nas pezas tendo en conta as múltiples perspectivas da historia de Galicia e os normandos, a historia do xadrez e a historia da arte.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 21.15 €
4% I.V.E. 22.00 €
Club 20.90 €

Engadir ao carro