Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda
Uxía Meirama
Ilustracións: Miguelanxo Prado

Editorial Santiago de Compostela. El Patito Editorial, 2017
DescripciónCapa dura, 286 páxs.; 15,5 x 21,5
ISBN / ref 978-84-947348-5-4
Sinopse
A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar.Uxía Meirama comeza con este volume unha serie de novelas caracterizadas pola fantasía e a aventura, e nas que se exaltan valores como a amizade, a lealdade ou o amor pola natureza. Animais fantásticos, meigas e xanas, augas milagreiras, ogras e xigantes desfilan polas páxinas nunha constante sucesión de acontecementos marabillosos, todo contado cunha prosa áxil, con diálogos chispeantes e cunha riqueza de linguaxe que fan deste libro unha excelente lectura xuvenil. Por se iso fose pouco, a arte inimitable de Miguelanxo Prado nos labores de ilustrador convérteno nunha obra irresistible.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 19.23 €
4% I.V.E. 20.00 €
Club 19.00 €

Engadir ao carro