Outro que tal baila
Tiruleque

Editorial Auto-edición; 2018
DescripciónCD
ISBN / ref 8435307604958
Sinopse
Outro que tal baila, un proxecto discográfico que presenta un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. Polo tanto, o título do álbum resulta unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega. Con este espírito, Outro que tal baila reúne un feixe de dez temas, dos que tres son composicións propias nas que se xoga cos límites dos xéneros e seis versións de temas tradicionais recollidos por investigadores como Pablo Carpintero ou o americano Alan Lomax.

Os temas propios son Ribazo de Razo, definida como unha muiñeira contemporánea de corte tradicional; Mazo té, mazo, xota para dúas gaitas e resto de instrumentos, ou Rumbanera, composición a medio camiño entre a rumba e a habanera. Nas versións, destacan temas tradicionais como a Muiñeira dos dous golpes, o Romance dos paragüeiros ou Asubíame de lonxe.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 13.97 €
21% I.V.E. 16.90 €
Club 16.06 €

Engadir ao carro