El gran viaje de estudios de García Lorca
Luis Mariscal Parado | Federico García Lorca

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 336 páxs.; 13 x 23
ISBN / ref 978-84-16460-35-9
Sinopse
No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e proporse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada ao coidado de Henrique Alvarellos que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta (cartas, telegramas, artigos ou fragmentos do seu primeiro libro Impresiones y paisajes, de 1918).

Estamos ante un libro de viaxes moi especial que tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

PRIMEIRO CONTACTO CON GALICIA

Esta viaxe marcaría o primeiro contacto do futuro escritor coa lingua e a cultura galegas. Nun cambio de trens próximo a Redondela escoitan falar e cantar en galego, en concreto, uns versos de Rosalía de Castro. No mercado de Santa Susana, Luis Mariscal anota o refraneiro popular que escoita entre os vendedores, e mesmo intenta falar con algún deles. Almorzan en Ourense, pernoctan tres días en Santiago, un en Lugo e visitan tamén A Coruña.

Estas cinco xornadas por Galicia deixarán en todo grupo unha pegada moi fonda, sobre todo en Federico García Lorca, que pouco despois (1918) publicará o seu primeiro libro onde describe Santiago e A Coruña; en 1919 dedica un poema a Rosalía de Castro e outro ao apóstolo Santiago. Visitará Galicia de novo tres veces máis en 1932 e esta empatía coa nosa cultura e lingua culminará en 1935 coa publicación do seu libro titulado Seis poemas galegos, na editorial Nós de Ánxel Casal, en Santiago de Compostela. Un fito para a cultura galega.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 21.63 €
4% I.V.E. 22.50 €
Club 21.37 €

Engadir ao carro