O Tartufo
Molière
Tradución: Henrique Harguindey Banet

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 128 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-390-7
Sinopse

«O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas.

Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa vida».
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.31 €
4% I.V.E. 12.80 €
Club 12.16 €

Engadir ao carro