Noró
(algunhas músicas do Norte)
Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre

Editorial Músicas de Salitre, 2018
DescripciónCD
ISBN / ref 8428353501012
Sinopse
Case tres anos despois do exitoso The Tambourine Man (Músicas do Salitre, 2015) e con innumerables actuacións ás costas Díaz e as Adufeiras volven cheos de enerxía e cun evidente e coidadoso traballo de composición e produción musical con este disco que abre o tema Baile de Noró que tamén se presenta en vídeo como tema de saída. En Noró distribúese o protagonismo máis entre Díaz e o coro das Adufeiras que no anterior álbum e de novo conseguen sacar dos ritmos tradicionais e dos instrumentos clásicos do folk sons que reflicten o sentimento e a actitude máis actuais. Ademais dese tema de saída que fai homenaxe clara ao goce da música e a identidade cultural a través do baile, o disco ábrese a seguir con dous cancións de enorme potencia e sentimento chamadas a ser emblemáticas nas postas en escena do disco: Unha fala e un cantar e Voa o aire. Díaz presenta tamén dous temas cantados en castelán, La niña de la arena e No pido licencia a nadie na que fai ligar a nosa tradición coas de outras culturas do sur e de latino América. Por todas estas achegas que fai Noró o disco está chamada a ser un dos grandes éxitos da música galega neste 2018. O álbum gravouse nos estudios A Ponte de Santiago.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 16.48 €
21% I.V.E. 19.94 €
Club 18.94 €

Engadir ao carro