Soneto no alfabeto
Xoán Carlos Domínguez Alberte

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2018
DescripciónRústica, 60 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-9151-0153-3
Sinopse
Logo do éxito de Versos para conversar, no que se achegaba dende a poesía á xente cativa, Xoán Carlos Domínguez Alberte ofrécenos agora unha nova achega poética pensada para a xuventude. Porque elas e eles non son alleos á poesía e merecen textos delicados e atrevidos coma este libro que tes nas mans.
O autor sorpréndenos, ademais, cun libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e aos mozos proporcionará momentos de gozo lector.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 8.17 €
4% I.V.E. 8.50 €
Club 8.07 €

Engadir ao carro