Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega
Carlos L. Bernárdez

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2018
DescripciónRústica con lapelas, 128 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-386-0
Sinopse
Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes. A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a "Xeración Doente" até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane. A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa -coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados "realismos de entreguerras". A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.41 €
4% I.V.E. 14.99 €
Club 14.24 €

Engadir ao carro