O castelán de Coucy e a dama de Fayel
Jakemés
Tradución: Raúl Gómez Pato

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 180 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-92866-94-6
Sinopse
O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, unha das linguas pertencentes ao grupo de linguas d’oïl, ao finalizar o século XIII ou a comezos do XIV por un poeta que escondeu o seu nome nuns versos acrósticos ao final do poema (Jakemés).

Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal.

O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro