Cando pasou o que pasou
Rosario Regueira Cereijo

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 170 páxs., 13 x 20
ISBN / ref 978-84-947719-6-5
Sinopse
O 28 de xaneiro do 2018, cúmprense oitenta anos deste episodio.

Oitenta anos de silencio, de agonía e de carraxe. Oitenta anos nos que, miles de persoas, trataron de esquecer, de afogar, de disimular e non contar para que non se soubera... Por se acaso...!

Pepe saltou pola fiestra do Castelo de San Antón; nadou pola badía de A Coruña e chegou salvo a terra. Pero os fascistas asasinárono antes de que pasaran dous meses. E con el mataron tamén, dalgún xeito, os fillos, o pai, a muller, as irmáns... A todo o seu entorno que tivo que re-inventar a vida para seguir adiante.

"Cando pasou o que pasou" é un eufemismo que escoitei por boca de alguén para definir como aquela represión brutal afectou a persoas con nome a apelidos; a persoas que, ademais de padecela directamente, padecérona por duplicado pois transmitíronlle as súas consecuencias ós que quedaron e que tiveron que levalas de mellor ou pero xeito. Disto trata este libro. Do que pasou cando pasou e do que pasou despois.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro