Alcoucer
Os Terribles de Donas

Editorial Auto-edición; 2017
DescripciónCD
ISBN / ref 8437006898805
Sinopse

Neste novo traballo hai tres tipos de repertorio: pezas aínda inéditas do repertorio dos Terribles , pezas novas ó estilo tradicional compostas polos tres músicos melódicos do grupo, e pezas de compositores moi apreciados por nós como o mestre Henrique Otero, Ernesto Campos ou Xurxo Antúnez . A axuda recibida nesta etapa por amigos que compartiron concertos queda constatada na súa participación nesta gravación. Así Os Novos Galiños de Belesar, Breogán de Moaña, a Profesora Charo Guerrero, a violinista Carmen Estévez, o coro galego do Círculo cultural Abrente de Mos ou as Pandereteiras de Monte Boi de Baiona participan tamén desta gravación como o fixeron antes en concertos diversos feitos por toda Galicia.
Alcoucer é o barrio de Donas onde viviron fundadores dos Terribles no seu momento e onde vive o noso actual bombeiro Suso Sousa, un lugar que representa as raíces do grupo que nos permiten volver a recoller froitos nesta nova etapa na que o Val Miñor, Gondomar e Donas seguen a ser o epicentro da nosa treboada artística que pretende enriquecer a música galega de raíz coa nosa proposta.
Agradecidos a todos os colaboradores, ós Concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán así como a Irmandade de devotos de San Roque de Vigo por contar con nós para os concertos precisos para financiar este disco, tamén á comunidade de montes de Donas, á casa de Tolos e a Segundo Grandío por implicarse unha vez máis, a Carmen De La Torre pola revisión lingüística,a todos os que participaron antes no grupo formando parte necesaria desta historia e, especialmente, ás nosas familias, amigos e seguidores polo seu apoio incondicional.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 13.97 €
21% I.V.E. 16.90 €
Club 16.06 €

Engadir ao carro