Ultramarino
Jesús Castro Yáñez

Editorial Chan da Pólvora Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 40 páxs., 12 x 18
ISBN / ref 978-84-947698-4-9
Sinopse
VI

É noite e deitámonos na rúa.
Só durará un intre esta casa.

Erguémola cun eco de satélites,
cunha alegría de órbitas
que gloriosamente encollen
e útiles
acompañan.
Non durará a noite. Virá
o día pousarse
animal orgulloso e extasiado,
vaca con candís nos cornos,
e os nosos corpos descansarán
coma feridas no corpo da luz.
O ceo estará tan claro que saberemos
por un intre
que o mundo quererá renderse.
Teremos conquistado algo
—o son das campás, promesas—.
Na cara o xesto radiante
e indescifrable
de quen mira pola ventá
sen tratar de descubrir
nada.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro