O porco de pé
(edición ilustrada)
Vicente Risco

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 170 páxs.; 15,5 x 23
ISBN / ref 978-84-942726-8-4
Sinopse
Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e doutras sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petigrís. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.

Así comeza O porco de pé, se cadra unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademais da primeira novela galega moderna segundo moitos críticos.
Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galiza caciquil dos tempos da ditadura de Primo de Rivera, as súas páxinas son en realidade un cadro paródico e a un tempo amargo da época en que foi escrito. O narrador dispara a torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galiza de comezos do século XX, unha pintura que por momentos nos leva á risa e por momentos transforma a gargallada en desacougo amargo.
Estamos ante unha novela que reborda intelixencia, unha obra que, malia que xa pasou case un século desde que foi escrita, conserva a súa actualidade, a súa vixencia e a súa frescura nos nosos días.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro