Os europeos en Abrantes
Vicente Risco

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 90 páxs.; 15,5 x 23
ISBN / ref 978-84-942726-9-1
Sinopse
A aldea de Abrantes, no interior de Ourense, está a piques de ollar un acontecemento histórico. O seu médico, home intelectual que cultiva as máis refinadas amizades na cidade de Oria, ten a intención de organizar un retiro de verán que encherá ese lugar remoto e miúdo dunhas xentes estrañas e obsesionadas coas novas ideas traídas pola ciencia. Estes «europeos», seareiros incondicionais do saber libresco e teórico, organizan a súa colonia de vacacións en función das teorías máis anovadoras chegadas desde alén das fronteiras do país.

Os europeos en Abrantes é unha novela desgraciadamente inconclusa onde Vicente Risco parodia e fai mofa desa especie de intelectuais «de libro» que abondaban nos cafés da época.

Esta edición acompáñase dun extenso estudo preliminar de Antía Monteagudo e do facsímile do orixinal, que se publicou seriado en dous números da revista Nós.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro