Poder e política na Galiza vilega 1790-1833
Provincias de Lugo e Mondoñedo
Xosé Ramón Veiga Alonso

Editorial Santiago de Compostela. Ediciones Bolanda, 2017
DescripciónRústica, 404 páxs., 17 x 24
ISBN / ref 978-84-697-6074-1
Sinopse
Entre 1790 e 1833 vívense en Galiza, e no resto do Estado, tempos convulsos, cun mundo antigorreximental decadente mais con forzas debondo para resistir, e unha alternativa liberal e constitucional aínda en cueiros que turra por ocupar o espazo político. No libro repásase a concreción desta liorta a partires, no fundamental, da análise en clave política e de poder de varias vilas situadas nas daquela provincias de Lugo e Mondoñedo. Os bambeos no poder local e provincial, e a súa concreción en suxeitos históricos con nomes e apelidos, responden á dinámica dun período marcado polo choque entre absolutismo e constitucionalismo, mais en absoluto poden entenderse apelando en exclusiva a factores de carácter xeral que, pola contra, vense obrigados a pasar pola peneira duns microcosmos vilegos que condicionan dun xeito moi importante o resultado e a concreción final das pulsións xeradas no centro.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 24.04 €
4% I.V.E. 25.00 €
Club 23.75 €

Engadir ao carro