Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia
Antón Figueroa

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 126 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-377-8
Sinopse
Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Algalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un un texto semellante en forma e funcións ao que Menéndez Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte a que nunca se someteu. Neste estudo intentase reconstruír, de maneira entrecortada -os datos son irregulares-, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 13.37 €
4% I.V.E. 13.90 €
Club 13.21 €

Engadir ao carro