Martín Codax e os xograres do mar de Vigo
Xosé Ramón Pena

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2017
DescripciónRústica, 150 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-9121-290-4
Sinopse
A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares –velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón…– que forman parte do noso devir cotián. Redactado con rigor e amenidade, "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo" artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 12.02 €
4% I.V.E. 12.50 €
Club 11.88 €

Engadir ao carro