Todo o mundo!
Anja Tuckermann
Ilustración: Tine Schulz

Editorial A Coruña. Hércules Ediciones, 2017
DescripciónCapa dura, 32 páxs.; 22,5 x 30,5
ISBN / ref 978-84-947023-4-1
Sinopse
Todas as persoas descendemos dos nosos antepasados en África e, por tanto, somos o froito de múltiples movementos migratorios. Desde sempre os seres humanos víronse empuxados a trasladarse por motivos moi diferentes: desde o desexo de coñecer novos lugares, por amor, para compartir saberes ou habilidades ou para fuxir da fame, a guerra ou a persecución. Así se foron formando as diferentes culturas e así se foron constituíndo as nosas sociedades multiculturais actuais.

As nenas e nenos deste libro proceden de todas partes do mundo e falan diferentes linguas, pero todos viven agora en Galicia. Algúns acaban de chegar, outros naceron aquí.

A diversidade cultural pode ser moi enriquecedora, pero ás veces tamén é fonte de problemas orixinados polo descoñecemento e os prexuízos. E é por iso que, para asegurar unha boa convivencia, non hai nada mellor que coñecer cos nosos fillos os nosos veciños e veciñas, tal e como proponemos en “Todo o mundo!”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro